HomeNewsActualidadeOito feridos ao colisionar un autobús escolar e un camión en Vigo

Oito feridos ao colisionar un autobús escolar e un camión en Vigo

Oito menores resultaron feridos leves tras producirse unha colisión entre un camión baleiro e un autobús escolar esta mañá en Vigo. Os feitos tiveron lugar ao redor das 09:20 horas na PO-325, entre os quilómetros 4 e 5, ao seu paso pola parroquia viguesa de Oia.

Segundo informa o 112 Galicia, foi un particular implicado no accidente quen deu a voz de alarma e informou do sucedido. Segundo explicou, no interior do autobús viaxaban 26 menores e, nun primeiro momento, parecía non haber persoas feridas. Minutos despois, a persoa volveu chamar solicitando asistencia médica para atender a posibles feridos.

No lugar personáronse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como efectivos de Protección Civil.

Finalmente, segundo informaron os equipos de emerxencia trasladados ao lugar, resultaron feridos oitos menores, todos eles con traumatismos de carácter leve.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS