HomeNewsActualidadeMos organiza unha excursión no “Barco do Nadal” para descubir a iluminación...

Mos organiza unha excursión no “Barco do Nadal” para descubir a iluminación da Ría de Vigo

O Concello de Mos organiza unha excursión no «Barco do Nadal», unha proposta de lecer pensada para que “as familias do municipio poidan compartir unha experiencia especial e contemplar a iluminación do Nadal da ría de Vigo desde o mar”.

A saída terá lugar o venres 12 de decembro, ás 17.00 horas, desde o Multiusos das Pozas, con regreso previsto aproximadamente ás 20.30 horas.

A actividade inclúe unha travesía marítima dunha hora e media, entre as 18.15 e as 19.45 horas. Durante o percorrido, as persoas participantes poderán gozar do ambiente festivo a bordo dunha embarcación decorada con luces, guirnaldas e árbore de Nadal, acompañadas de música.

A excursión está destinada a familias empadroadas no Concello de Mos. Os prezos establecidos son gratuítos para os menores de 2 anos, 9 euros para nenos e nenas de 3 a 12 anos e 22 euros para as persoas maiores de 12 anos.

Inscricións e prazos

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 2 de decembro no Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica municipal.

A listaxe de persoas admitidas publicarase o 3 de decembro na web municipal www.mos.es  e na OMIX. O pagamento deberá efectuarse os días 3 e 4 de decembro.

Todas as persoas participantes deberán acudir provistas do seu DNI. A excursión realizarase sempre que se acade un mínimo de 45 prazas cubertas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS