HomeNewsActualidadeO Concello dota ao Centro de Día de Torneiros con seis novos...

O Concello dota ao Centro de Día de Torneiros con seis novos sillóns xeriátricos

O Centro de Día de Torneiros conta con seis novos sillóns xeriátricos adquiridos polo Concello do Porriño para mellorar o confort das persoas usuarias e ofrecerlles unhas condicións máis cómodas nos seus momentos de descanso.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, achegouse ás instalacións para comprobar a recepción deste novo equipamento e coñecer de primeira man as necesidades do centro. O rexedor, asegurou durante a súa visita que “o benestar tamén se constrúe a través dos pequenos detalles, daqueles que fan máis cómodos os momentos de descanso e que contribúen a crear contornas máis acolledoras”.

Esta nova dotación enmárcase na colaboración que o Concello mantén co Centro de Día de Torneiros, un servizo que depende do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Aínda que a titularidade da xestión corresponde a este organismo, o Concello do Porriño realiza activamente melloras nas instalacións e na atención das necesidades que van xurdindo no seu funcionamento diario.

Así, ademais de realizar obras e labores de mantemento para garantir a conservación do edificio e unhas condicións axeitadas nas súas dependencias, a administración local colabora, na medida das súas posibilidades, coa achega de material e equipamento que contribúa a mellorar a atención e o benestar das persoas maiores.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS