HomeNewsActualidadeO D-Gusta Porriño volve ás rúas da vila con récord de locais...

O D-Gusta Porriño volve ás rúas da vila con récord de locais e petiscos

O D-Gusta Porriño volve ás rúas do Porriño. A iniciativa, unha ruta de petiscos e tapas, conta nesta edición coa participación de 30 locais que ofrecerán máis de 30 propostas culinarias diferentes. Nesta ocasión, haberá opcións para todos os públicos e padares, con elaboracións a base de carne, peixe e verduras, ademais de alternativas veganas e sen glute.

A Asociación de Hostaleiros do Porriño (AHOSPOR), en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia, presenta esta nova edición dun evento que se celebrará todos os venres e sábados de novembro, ofrecendo a veciños e visitantes unha oportunidade única para gozar da rica oferta culinaria da vila.

Durante as xornadas da ruta, de 19:00 a 23:00 horas, os establecementos participantes servirán os seus petiscos a un prezo de 1,5 euros (sen consumición) ou 2 euros (con consumición).

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou  que “o D-Gusta é moito máis ca unha ruta de tapas; é unha demostración do talento e do traballo da nosa hostalería”. Así o rexedor convida a todo o mundo a estrear esta fin de semana este evento gastronómico “ para desfrutar do ambiente e dos excelentes produtos dos nosos locais”.

Como en edicións anteriores, quen participe terá a oportunidade de gañar diversos premios. Por cada petisco ou tapa que se consuma, recibirase un selo nun “pasaporte” especial. Ao completar catro selos, entrarase no sorteo dun bono de 500 euros e de 10 bonos de 50 euros para gastar na hostalería e no comercio local do Porriño. Cantos máis selos se consigan, máis oportunidades haberá de gañar.

Establecementos participantes e petiscos

  • – A Francachela: Patacas tella con salsa, acompañadas de ovo, chourizo cantimpalo e un anaco de pan do Porriño
  • – Argentino 2: Selección de pizzas
  • – Bar Liceum: Mar ou terra
  • – Baraka: Caldeirada de pescada
  • – Bo Camiño: Vieira á prancha con puré de patacas
  • – Café La Paix: Cachorro La Paix
  • – Camino de Santiago: Ensaladilla con polbo e mexillóns con torradas de pan de allo
  • – El alambre del abuelo: Papillota de solombo
  • – El Patio: Pincho el patio
  • – El Pincho: O pincho roll
  • – Estación 57: Dúo con flow. Torradas variadas. (Opción sen glute).
  • – Hotel Parque: Mini albóndega en pan francés
  • – La Bendecida: Pincho El Bendecido
  • – La Bici: Bocadiño La Bici
  • – La Bombonera: Bocadiños Bombonera
  • – La Cueva: Pementos do piquillo recheos
  • – La de Sandra: Bocadiño de Sandra
  • – La guarida: Guarizza
  • – La vinoteca: venres currichiño, sábado espetiño.
  • – Paso a nivel: Opción 1, taco galego de carrillera adobada en zorza, con tetilla e maionesa de Padrón; Opción 2, ovos rotos con mechada de carrillera adobada en zorza, patacas e ovo (sen glute).
  • – Pinzas: Pulled pork en pan brioche
  • – Pinzas burguer: Patacas gajo con cheddar e jalapeños
  • – Platinum: Cachorro quente
  • – Saspi: Bocadiño de xamón ao forno, con cebola caramelizada e queixo de tetilla, acompañado de patacas tella.
  • – Sekretos: Pincho Sekreto
  • – Sol: Bocadiño de lombo con queixo
  • – Treinta y Tau: Mini bocadillo de xamón asado con queixo
  • – Underground: Taco de cochinita pibil, sen glute. Opción de pincho vegano.
  • – Xantar de Pepa: D-Gusta Pepa
  • – Zentral: Mini hamburguesa Zentral
Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS