HomeNewsActualidadeMos convoca unha reunión informativa sobre a liña eléctrica de 220 kV

Mos convoca unha reunión informativa sobre a liña eléctrica de 220 kV

O Concello de Mos convoca este venres, 9 de outubro, unha reunión aberta á veciñanza para abordar o proxecto da nova liña eléctrica de 220 kV e a futura subestación Bateas, que afectan ao termo municipal.

A xuntanza celebrarase ás 20:00 horas no Multiusos das Pozas e permitirá coñecer con detalle as afeccións previstas no municipio e resolver dúbidas sobre o procedemento de información pública.

Para facilitar este proceso, o Concello de Mos contratou unha empresa especializada para prestar asesoramento técnico en materia ambiental sobre os proxectos da liña eléctrica e da nova subestación Bateas. O asesoramento estará orientado tamén a explicar á veciñanza como presentar alegacións e que cuestións poden ser tidas en conta á hora de defender os intereses das persoas afectadas.

O Concello de Mos asegura que “non se opón á chegada da infraestrutura eléctrica nin ás necesidades enerxéticas vinculadas ao desenvolvemento industrial, pero reclama que o municipio e as persoas afectadas sexan escoitados e que se estuden alternativas ao trazado actualmente previsto”. O obxectivo é “buscar unha solución que permita atender a estas necesidades reducindo ao máximo as afeccións sobre o territorio, as vivendas, os equipamentos e as parroquias afectadas, que son Tameiga, Petelos, Sanguiñeda e Pereiras”. Entre as propostas municipais está o aproveitamento, na medida do posible, de corredores e infraestruturas viarias xa existentes.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS