HomeNewsActualidadeBeiras, histórico dirixente do nacionalismo galego, despídese aos 90 anos

Beiras, histórico dirixente do nacionalismo galego, despídese aos 90 anos

Xosé Manuel Beiras, histórico dirixente do nacionalismo galego, faleceu esta madrugada aos 90 anos de idade. Foi líder do BNG durante máis de dúas décadas, ata que en 2012 fundou unha forza propia (Anova), que resultou ser un referente para as confluencias da chamada “nova política”. Tras a súa ruptura co BNG, o seu partido volveu apoiar a formación nacionalista dende que foi liderada por Ana Pontón.

O dirixente foi un implicado na loita pola democracia durante a dictadura e exerceu como catedrático de Estrutura Económica pola Universidade de Santiago. Foi o principal rival de Manuel Fraga durante os 16 anos que dirixiu a Xunta de Galicia; crítico coa xestión do socialista Emilio Pérez Touriño durante o seu goberno e finalmente abandoou o partido nacionalista pouco tempo despois de que Alberto Núñez Feijoo liderara de novo a Xunta de Galicia co Partido Popular.

Tras abandonar o BNG, Beiras aliouse coa esquerda de Yolanda Díaz, que encabezaba Esquerda Unida en Galicia, e constituiron xuntos en 2012 Alternativa Galega de Esquerda (AGE), de onde posteriormente naceu Podemos e as mareas municipais. A formación tivo gran acollida, e entrou con forza no Parlamento galego, onde Beiras rivalizou con Feijóo.

Xa en 2016, o exdirixente nacionalista, abandonou a vida parlamentaria con En Marea. Nesta última década, mantivo unha vida ligada á política, mais sen estar activo nas formacións.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS