HomeNewsActualidadeCalcinada por completo unha vivenda durante esta madrugada en Mondariz

Calcinada por completo unha vivenda durante esta madrugada en Mondariz

O reloxo marcaba ás 01:00 desta madrugada, cando un particular alertou ao 112 Galicia de que unha vivenda estaba ardendo en Mondariz. Concretamente, os feitos ocorreron no barrio de Fontán, na parroquia de Mouriscados.

A vivenda quedou completamente calcinada, mais non houbo que lamentar danos persoais. Nun primeiro momento, as autoridades temían que houbese algunha persoa dentro do domicilio, pero finalmente constatouse que non había ninguén. Pola contra, o lume afectou a toda a vivenda, incluída a súa estrutura.

Ata o lugar, desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, os bombeiros de Ponteareas e O Porriño, Protección Civil, GES e a Garda Civil.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS