HomeNewsActualidadeEstabilizado o incendio da parroquia de Nogueira, en Ponteareas, que queimou máis...

Estabilizado o incendio da parroquia de Nogueira, en Ponteareas, que queimou máis de 60 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Nogueira, está estabilizado desde as 09:31 horas deste mércores.

O lume iniciouse ás 17:39 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta a unha superficie de arredor de 60 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, 5 técnicos, 23 axentes, 32 brigadas, 26 motobombas, 3 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS