Un operario forestal de 53 anos faleceu esta tarde nun monte da parroquia das Neves, no concello de Ortigueira, despois de que lle caese unha rama enriba mentres realizaba labores de corta. Tal e como informou o 112 Galicia, o suceso tivo lugar pasadas as tres e media da tarde cando un particular deu a alerta, mobilizando de inmediato a efectivos sanitarios, á Garda Civil e á Policía Local.
A pesar de que o traballador —natural de Ortigueira, residente en Freires e empadronado nas Pontes— se atopaba liberado e accesible, o equipo médico desplazado no helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puido confirmar o seu deceso tras tentar reanimalo. A vítima formaba parte do cadro de persoal dunha pequena empresa das Somozas, e o corpo permaneceu no lugar á agarda da chegada do forense, un suceso cualificado polo alcalde ortigueirés, Valentín Calvín, como «unha desgracia».

