HomeNewsActualidadeA Confederación Hidrográfica Miño-Sil declara a prealerta por seca en Galicia tras...

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil declara a prealerta por seca en Galicia tras caer un 45% os caudales

A escasez de choivas dende febreiro obriga a activar o nivel amarelo en seis de cada dez concellos galegos, mentres o organismo estatal chama a extremar o aforro e o uso responsable da auga

A demarcación da conca do Miño-Sil en territorio galego atópase oficialmente en fase de prealerta por seca con nivel amarelo, despois de que os técnicos constatasen unha redución do 45% nos caudales circulantes durante o pasado mes de xullo en comparación co habitual. Tal e como informou a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) trala xuntanza da súa Oficina Técnica da Sequía, esta medida preventiva afecta a todas as concas gallegas situadas nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra —incluíndo o Miño Alto e Baixo, Cabe, Sil Inferior e Limia—, deixando á marxe tan só o Sil Superior en León.

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, sinalou que o escenario actual «non é alarmante, pero si vigilante», e achacou a situación ás escasas precipitacións rexistradas dende o remate do tren de borrascas en febreiro, cun acumulado inferior á media que obriga a manter a vixilancia. Ante este escenario, a competencia de abastecemento recae nos concellos, moitos dos cales xa aplican medidas de aforro como evitar o rego de xardíns, o baldeo de rúas ou a supresión de fontes, mentres o organismo estatal lembra a necesidade de que a poboación faga un uso responsable e mantén o chamamento preventivo ás administracións locais.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS