HomeNewsActualidadeLa Roja postúlase como a mellor selección do mundo tras vencer a...

La Roja postúlase como a mellor selección do mundo tras vencer a Arxentina

España volve vibrar coa súa selección, tras converterse na campioa do Mundo por segunda vez na historia. En concreto, facía 16 anos, tras ese “Iniesta de mi vida”, que deu á Selección Española en 2010 a oportunidade de alzar a súa primeira Copa do Mundo.

Nesta ocasión, Arxentina, capitaneada por Messi, foi a encargada de loitar polo título, que finalmente non puideron conseguir. Foi gracias a Ferrán, non sen o apoio de todo o equipo, que marcou ese gol decisivo para España no minuto 106 da prórroga. Un partido no que España estivo presente en todo momento, atacando na portería contraria.

Un encontro complicado, no que a tensión e o nerviosismo estiveron presentes en todo momento. Cubarsí saiu despedido polo aire a causa dunha entrada, os arxentinos quedaron con 10 no campo, e o árbitro anulou un gol a Nico Williams por unha falta discutible de Merino. Un sinfín de tiros a porta, na que parecía que o gol non chegaría nunca. Pero si, a Selección Española finalmente borda unha nova estrela na súa camiseta.

Celebración coa Selección

A tradicional celebración coa selección terá lugar esta tarde en Madrid. Os xogadores e equipo técnico xa puxeron rumbo a España tras converterse en campións mundiais. A expedición presidida por Luis de la Fuente, iniciará unha xornada repleta de actos á súa chegada a Madrid que rematará cunha gran celebración con toda a afición.

Segundo confirmaron fontes do Goberno en Madrid, o autobús da Selección Española partirá ás 20 horas e a praza de Cibeles será o punto álxido da celebración, ao igual que na Eurocopa 2024.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS