Cun percorrido polas obras escultóricas situadas en lugares públicos en Tui continúa o ciclo “Coñece o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudios Tudenses, coa colaboración do Concello de Tui. Aínda que esta visita estaba
inicialmente prevista para este próximo martes aprázase para este mércores, 15 de xullo, ás 20.30 h con saída dende a Alameda de San Domingo.
Esta nova cita propón un percorrido polas esculturas pública existentes na cidade partindo do monumento aos represaliados realizado polo escultor Silverio Rivas. O itinerario continuará coa visita a obras de Xoán Oliveira, Diego de Giraldez, Xoán Piñeiro, Alfonso Quinteiro ou Maxín Picallo que enriquecen coa súa presenza os espazos públicos tudenses.
O historiador e secretario do Instituto de Estudios Tudenses, Rafael Sánchez Bargiela, será o encargado de guiar este percorrido.
Para a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez Álvarez, con esta nova cita do programa de visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” do Instituto de Estudios Tudense, “continúa a realizarse un achegamento aos elementos que
conforman o amplo acervo patrimonial que atesoura o noso municipio mediante a súa divulgación a través de especialistas que forman parte do propio Instituto de Estudios Tudenses”.
Programa de visitas
Martes 21 de xullo: “Lugares de memoria democrática aos 90 anos do golpe de 1936” por Helena Pousa Ortega, presidenta da Comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño – Condado – Louriña. Inicio na Praza do Concello – 20.30 h.
Martes 28 de xullo: “Las huellas de 800 años de arte en la catedral de Tui” por Marta Cendón Fernández, catedrática da USC e presidenta do IET. Inicio portada da Catedral de Tui – 20.30 h.
Martes 11 de agosto: “Os tempos do románico en Ganfei: o mosteiro de O Salvador e San Teotonio”, por Isilda Salvador, museóloga. o Inicio: Mosteiro de Ganfei – Valença – 20.30 h (ES)
Martes 18 de agosto: “La catedral medieval de Santa María de Tui” conferencia de Carmen Manso Porto da Real Academia da Historia. o Espazo socio-cultural da rúa Camilo J. Cela – 20.00 h.
Martes 25 de agosto: “De convento de San Antonio a parroquia do Sagrario da Catedral”, por José Ramón Fernández Fernández, historiador. o Igrexa parroquial de San Francisco – 21.00 h.

