HomeNewsActualidadeO Club de Mos fai historia no Campionato de España de Tenis...

O Club de Mos fai historia no Campionato de España de Tenis de Mesa Adaptado

O Club Tenis de Mesa Mos ven de firmar unha actuación histórica na primeira parte do Campionato de España de Tenis de Mesa adaptado, unha cita na que competiron deportistas con discapacidade e na que a entidade mosense logrou uns resultados moi bos.

A gran protagonista foi Martina Sande, que fixo historia ao proclamarse campiona de España en cadeira de rodas, converténdose na primeira muller en lograr este título. Ademáis, conseguiu a vitoria na final ante o xogador paralímpico en París, Francisco Javier López, 13 veces campión de España.

Tamén destacou a actuación de Sofía Freiría, que mellorou o resultado conseguido na pasada edición e proclamouse subcampioa de España. A xogadora estivo moi preto do título, chegando a dispoñer de dúas bolas de partido nunha final moi igualada.

Pola súa banda, a debutante Micaela Pasos firmou unha brillante participación no seu primeiro Campionato de España, logrando un meritorio terceiro posto en clase 1 e deixando grandes sensacións de cara ao futuro.

Outro dos nomes destacados foi José Mario González, que regresaba á competición nacional quince anos despois da súa última participación nun Campionato de España. Na súa volta, conseguiu un terceiro posto en clase 7.

En canto aos debutantes, Mateo Sousa, o xogador máis novo entre os participantes de pé, logrou sumar unha vitoria na fase de grupos antes de quedar eliminado. Pola súa parte, Samuel Rodríguez pechou a súa participación cunha sexta posición en clase 4.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS