HomeNewsActualidadeBaiona convértese no epicentro do bádminton galego cos campionatos Sub 11 e...

Baiona convértese no epicentro do bádminton galego cos campionatos Sub 11 e Sub 19

A vindeira fin de semana Baiona volverá gozar do mellor bádminton autonómico e nacional Sub 11 e Sub 19 coa celebración dos Campionatos Galegos de ambas categorías.

Ata o Val Miñor desprázanse un total de 93 raquetas, entre as que destacan xogadores e xogadoras como Raúl Bergua, Adrián Rodríguez, Sara del Castillo, Itziar Barcala, Xoel Álvarez ou Inés Poncela. Tamén xogadores como Nicolás Dávila ou Samuel Luaces; así como Maia Freire e Xulia Otero, que desputarán o título autonómico na categoría Sub 19.

Pola súa banda, na categoría Sub 11, prevese unha competición máis igualada na que se presentan como favoritos Jorge Guimarey, Xoán Trillo, Rafael Vieira ou Elisa Salomón.

A competición desenvolverase nas cinco modalidades de individual masculino, individual feminino, dobres masculino, dobres feminino e dobres mixtos.

O Pavillón Municipal de Baiona será o escenario de toda a competición en horario ininterrompiso de 9:00 a 20:00 horas, coa posterior entrega de premios aos campións e campioas autonómicas. A proba está organizada pola Federación Galega de Bádminton e o Club Escola Rosalía e conta co apoio do Concello de Baiona, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS