Dúas mulleres, peregrinas e de nacionalidade portuguesa, foron atropeladas na mañá deste venres na cidade de Santiago de Compostela. O conductor, perdeu o control do seu vehículo e invadiu a beirarrúa onde se atopaban as dúas vítimas.
O sinistro tivo lugar en torno ás 9:10 horas desta mañá, na rúa Rosalía de Castro, cando o conductor, de 82 anos, circulaba en dirección saída da cidade. De forma repentina, desviouse da marcha e subiu á beirarrúa, onde se atopaban as dúas mulleres que levou por diante. A maiores, o vehículo bateu tamén contra un semáforo e contra a fachada dun edificio.
As dúas mulleres foron atendidas no lugar do sinistro e trasladadas en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). O conductor tamén foi trasladado ao centro hospitalario a causa dun ataque de ansiedade.
Investígase agora se antes do sinistro puido sufrir un esvaecemento.

