HomeNewsActualidadeO Porriño califica como "éxito rotundo" a primeira edición do Foro Conecta...

O Porriño califica como “éxito rotundo” a primeira edición do Foro Conecta Talento

O Concello do Porriño celebrou onte o seu primeiro Foro de Emprego e Desenvolvemento Profesional: O Porriño Conecta Talento.

Segundo resumen dende o goberno municipal, “a xornada superou todas as expectativas da organización e saldouse cun éxito rotundo de participación”. Dende o goberno enganden que “o pavillón municipal estivo en todo momento ateigado de estudantes, profesionais e desempregados en busca de novas oportunidades”.

Desde primeira hora da mañá, a afluencia de asistentes foi constante no Polideportivo Municipal. O gran atractivo do evento non só estivo no seu programa de relatorios e mesas redondas, senón tamén no espazo Talent Hub, onde se xeraron numerosas citas interpersoais e entrevistas rápidas de traballo entre os mozos e os responsables de recursos humanos de grandes compañías multisectoriais.

O foro contou ademais coa presenza do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, quen realizou unha visita institucional ao recinto, percorrendo os diferentes stands do espazo expositivo e compartindo impresións co medio cento de empresas representadas e aqueles que acudían a visitalas. Durante o seu percorrido, destacou a “importancia de aliñar a oferta formativa coas demandas reais do tecido produtivo galego”.

Pola súa banda, o broche de ouro á xornada tivo lugar ás 19:00 horas co acto de clausura oficial. Nel participou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez, quen estivo acompañado polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, presente durante toda a xornada.

O rexedor porriñés amosou a súa enorme satisfacción pelo resultado deste primeiro foro asegurando que “ver este pavillón cheo de talento, de mozos con ganas de comerse o mundo e de empresas dispostas a escoitalos é o mellor indicador de que O Porriño ten moito futuro.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS