HomeNewsActualidadeEleccións Andalucía: O PP celebra a vitoria aínda que sen maioría absoluta

Eleccións Andalucía: O PP celebra a vitoria aínda que sen maioría absoluta

O Partido Popular vén de perder a maioría absoluta tras acadar 53 escaños nas eleccións autonómicas de Andalucía, obtendo o 41,6% dos votos. A maioría absoluta, está fixada nos 55 escaños. Os populares baixaron un total de 5 escaños respecto aos resultados anteriores.

Desta forma, tal e como manifestou Juanma Moreno, presidente da Xunta dende 2019 e candidado do PP á reelección, “os andaluces ditaminaron que ao PP lle corresponde formar goberno e gobernar”, e que o proxecto “de cambio e transformación segue con máis forza que nunca”.

Por outra banda, a segunda forza máis votada foi o PSOE, que acadou 28 escaños cun 22,71% dos votos. A formación perdeu 2 escaños respecto ás anteriores eleccións.

A terceira forza destas eleccións autonómicas foi VOX, cun 13,82% dos votos, logrando un total de 15 escaños. Seguido de Adelante Andalucia (AA) que obtivo un total de 8 escaños, cun 9,62% dos votos.

Por último, cunha representación do voto de 6,31%, Por Andalucia (PorA), cun total de 5 escaños no parlamento.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS