HomeNewsActualidadeMaría Xosé Porteiro rende homenaxe á traxectoria xornalística de Begoña Caamaño no...

María Xosé Porteiro rende homenaxe á traxectoria xornalística de Begoña Caamaño no seu novo libro

Begoña Caamaño foi unha periodista comprometida co xornalismo independente e veraz, militante e social, especializada en información laboral, internacional, política social e cultural. Ademais, foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres e da igualdade de xénero e participou activamente no movemento feminista, nunha época na que as mulleres estaban “obrigadas” a permanecer en segundo plano.

A escritora e tamén xornalista María Xosé Porteiro, desde a súa perspectiva de compañeira de profesión e amiga, fai en “Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Compostela”, un percorrido pola traxectoria profesional de Begoña Caamaño e a súa pegada neste ámbito, onde conflúen xornalismo e literatura.

Entrevista completa, realizada polo noso compañeiro Gabino Porto, á autora María Xosé Porteiro, aquí:

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS