Mércores, Maio 6, 2026
HomeNewsActualidadeAtopan morta a cantante viguesa Seila Esencia, tras 20 días desaparecida

Atopan morta a cantante viguesa Seila Esencia, tras 20 días desaparecida

A cantante viguesa Seila Esencia, de 39 anos, apareceu morta este martes en Vigo tras vinte días sen que ninguén coñecera o seu paradoiro.

A Policía Nacional confirmou este martes que o seu cadáver foi localizado esta madrugada na zona da senda verde da cidade olívica.  Tal e como indican as autoridades, a muller encontrábase aparentemente sen sinais de criminalidade na súa morte, á espera de que se lle practique a autopsia.

Seila Esencia levaba desaparecida dende o pasado 20 de abril, segundo explica a Asociación SOS Desaparecidos, que este luns emitiu unha alerta solicitando colaboración á cidadanía para tratar de localizala.

A cantante era coñecida na cidade tras a súa participación no programa de TVE Hit-La Canción en 2015 e tamén formou parte da banda galega Pahntom Club.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS