A Asociación Deportiva Mondariz, encargada da organización do Trail Orixes Mondariz, vén de informar que este mesmo ano iniciará os trámites para obter a homologación da FEDME da carreira “Ultra”.
O obxectivo, é que nas vindeiras edicións, o Trail Orixes de Mondariz, poida ser elexido como sede do campionato nacional de trails.
A modalidade “Ultra Trail” trátase dunha proba de 62 quilómetros e que na edición de 2026 conta cun desnivel positivo e negativo de 3591 metros.
Últimos días para inscribirse nesta edición
Ao tempo, Asociación Deportiva Mondariz anunciou que o peche de inscricións para a VIII edición do Trail Orixes terá lugar este domingo 19 de abril, ás 23:59 horas.
Dende a organización animan ás persoas que desexen participar a formalizar o seu rexistro a través da web: https://www.empa-t.com/inscripciones/.
Ata o momento, a proba conta con máis de 800 persoas inscritas. Concretamente, nas distancias de Trail, promotrail e maratón quedan poucas prazas. Pola contra, a carreira “minitrail” xa está pechada.
Para máis información, pode consultarse a páxina web admondariz.com.

