Xoves, Abril 9, 2026
HomeNewsActualidadeVig-Bay 2026: Plan de tráfico, aparcamentos e zonas restrinxidas

Vig-Bay 2026: Plan de tráfico, aparcamentos e zonas restrinxidas

Este domingo, 12 de abril, máis de mil deportistas percorrerán os 21 quilómetros que separan Vigo de Baiona. A proba deportiva celebra este ano a súa 25 edición.

Dende o Concello de Baiona aseguran que “é un orgullo ser parte desta extraordinaria tradición deportiva e anima a todos os corredores que participan nesta nova edición”. O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, quizo agradecer tamén “á organización do evento e a todas as persoas involucradas polo seu gran traballo para garantir o éxito da carreira e a seguridade de todos os participantes”.

Peche ao tráfico

Con todo, o Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local de Baiona, vén de deseñar un plan especial de tráfico con motivo da XXV da Medio Maratón Gran Bahía VIG-BAY & III MINIBAY.

O plan entrará en funcionamento ese mesmo día, domingo 12 de abril, ás 07:00 horas, cando se procederá a restrinxir a circulación dende o porto pesqueiro ata a entrada do Parador, ampliándose o dispositivo do corte absoluto a partir das 09:00 horas nos viais de acceso ao centro de Baiona. Está previsto que este dispositivo remate ás 14:00 horas.

Itinerarios alternativos

A PO-552 que transcorre pola localidade, quedará pechada dende a rotonda de acceso á autopista, ubicada na Avenida de Sabarís, ata a rotonda de entrada sur á vila, onde se atopa o Villa Rosa.

Ante os cortes de circulación que se realizarán ao paso da carreira atlética, recoméndase os accesos ao centro urbano a través da circunvalación A-57, que conecta directamente a zona de Sabarís con Baredo, facilitando a entrada por Rocamar ata a rontoda do Villa Rosa.

Transporte público

A chegada da carreira á localidade, tamén afectará ao transporte público de viaxeiros. Así, durante a celebración quedarán eliminadas as paradas de bus ubicadas á altura do porto pesqueiro, na Avenida Monterreal, O Burgo e a Avenida Urbana de Sabariís.

Por outro lado, a parada de taxis ubicada na zona do porto pesqueiro será trasladada á rúa Brasil, na zona dos Tendales.

Áreas de estacionamento

Con motivo da proba, quedará prohibido durante todo o día estacionar na zona do porto pesuqeiro, na ubicación do Posto de Mando Avanzado, na rúa Elduayen, narúa Alferez Barreiro e na rúa Ramón y Cajal.

Do mesmo xeito, habilitaranse as dúas áreas de descanso da PO-552 en dirección Baredo, así como o servizo de aparcamento de O Aral.

Na mesma, e por criterios de seguridade, non se permitirá o acceso entre as 09:30 e as 14:00 horas ao Parador, ao Monte Real Club de Yates de Baiona e o aparcamento de A Palma, ao atoparte na zona de maior afluencia da proba.

Chamamento á prudencia

Dende o Concello de Baiona fan un chamamento á colaboración da vecindade para que as probas deportivas se desenvolvan da mellor forma posible. A maiores, solicitan prudencia á hora de circular pola zona e piden desculpas ás persoas afectadas polas molestias que poidan xerar a veciños e visitantes do municipio.


Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS