A Consellería de Medio Rural vén de informar que está estabilizado, dende as 8:00 horas desta mañá, o incendio que se iniciou na tarde de onte no Concello de Ponteareas, concretamente na parroquia de Ribadetea.
Segundo as últimas medicións dispoñibles, e de carácter provisional, afecta a unha superficie de arredor de 600 hectáreas, nos temos municipais de Ponteareas, Pazos de Borbén e Mos.
Nel, foi preciso decretar a Situación 2, como medida preventiva pola súa cercanía ao núcleo do Galleiro, no concello de Pazos de Borbén, unha situación que xa foi desactivada.
Para a extinción do lume movilizáronse ata o lugar, 4 técnicos, 17 axentes, 25 brigadas, 16 motobombas, 2 pás, 1 unidade técnica de apoio, 5 helicópteros e 6 avións.

