A UNED do Porriño ofrece ao comercio de proximidad unha sesión dedicada á implementación práctica da Intelixencia Artificial (IA) nos negocios locais.
A xornada terá lugar o mércores 10 de xuño, en horario de 20:30 a 22:30 horas, para facilitar a asistencia das persoas comerciantes. A sesión está deseñada especificamente para autónomos e persoal asalariado que desexen modernizar a súa estratexia de venda sen perder a esencia do trato directo co cliente.
A formación correrá a cargo de Iria Álvarez, consultora estratéxica e experta en
crecemento dixital, quen amosará como a IA pode ser a mellor aliada do “tenda de toda
a vida”. Entre os obxectivos principais do curso destacan:
- Marketing sen complicacións: Uso de ferramentas para crear automaticamente publicacións en redes sociais e descricións de produtos atractivas.
- SEO Local: Estratexias para que os comercios do Porriño aparezan nos primeiros postos de busca cando un veciño busque un produto próximo.
- Fidelización intelixente: Analizar o comportamento dos clientes para ofrecer promocións personalizadas e garantir que volvan ao establecemento.
Así, entendendo as dificultades de conciliación e os horarios do sector, a UNED ofrece tres
modalidades de asistencia, todas elas gratuitas: Presencial, na sede da UNED Porriño; Online en directo, a través de Teams; e en diferido.
As persoas interesadas en asistir deberán formalizar a súa matrícula a través da plataformad a UNED. É imprescindible rexistrar correctamente os datos persoais (NIF e nome completo) para obter o certificado de aproveitamento, que require a asistencia ou visionado do 85% das horas lectivas.
Segundo afirma o Concello do Porriño “o obxectivo da iniciativa é dotar ao tecido comercial porriñés das habilidades necesarias para competir nun mercado cada vez máis dixitalizado, transformando a tecnoloxía nunha oportunidade de crecemento para a economía local”.

