Equipos da Garda Civil buscan a un home que atracou, no mediodía deste mércores, unha sucursal bancaria de Mondariz. O home, entrou no banco cunha máscara de látex figurando ser unha persoa maior; unha vez dentro, procedeu ao roubo a punta de pistola.
O asaltante maniatou aos empregados con bridas e levou diñeiro en efectivo, ainda que se descoñece ata o de agora a cantidade do botín coa que logrou fuxir.
O agresor entrou na sucursal bancaria, ubicada na céntrica rúa Domingo Blanco Lage, pouco antes das dúas da tarde. Segundo informaron fontes próximas ao caso, “cunha máscara coa que simulaba ser un ancián” e cunha arma de fogo.
Unha vez dentro, o asaltante atemerou aos tres traballadores que se atopaban no interior da sucursal; sendo dous deles inmobilizados con bridas. Ao terceiro, obrigouno a abrir a caixa do diñeiro, conseguindo o botín. Tras iso, deuse á fuga.
A voz de alarma deuna un cliente, que procedeu a entrar minutos despois do atraco á sucursal bancaria. Ao percatarse do sucedido, saliu ao exterior en busca de axuda, momento no que pasaba pola rúa o alcalde de Mondariz, Pablo Barcia. Así, foi este último quen contactou co cuartel da Garda Civil de Ponteareas para informar do suceso.
Ata o de agora, descoñécese se o asaltante actuou só ou se había algunha persoa esperándoo no exterior da oficina; xa que non existen testemuñas que estiveran na rúa nese momento.
A investigación continúa aberta en mans da Garda Civil.

