Luns, Febreiro 23, 2026
HomeNewsActualidadeSufocado un incendio nunha vivenda do Porriño, orixinado por un deshumificador

Sufocado un incendio nunha vivenda do Porriño, orixinado por un deshumificador

Os bombeiros do Porriño sufocaron esta madrugada un incendio nunha vivenda situada no núcleo urbano da localidade.

Segundo informan as fontes, o incendio orixinouse a causa dun deshumificador. O aparello ardeu e prendeu na roupa que había no baño e que estaba secando.

As chamas afectaron a parte superior da vivenda. As persoas que habitaban detectaron o incendio a tempo, gracias ao ruidoque o estoupido xerou. Os inquilinos, pecharon a porta do habitáculo afectado ata a chegada dos bombeiros.

“Fixeron o correcto nestes casos, que é pechar o cuarto en que se estaba producindo o incendio e evacuar a vivenda“, explica Roberto Domínguez, xefe da dotación do Consorcio provincial de Pontevedra, quen confirma que o deshumidificador está na orixe do lume.

Grazas á rapida actuación dos servizos de emerxencia, non houbo que lamentar danos persoais.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS