Luns, Febreiro 23, 2026
HomeNewsActualidadeO Concello de A Guarda asumirá a coorganización das Festas do Monte

O Concello de A Guarda asumirá a coorganización das Festas do Monte

O Concello da Guarda asumirá a partir deste 2026 a coorganización das tradicionais Festas do Monte Santa Tegra, festa de interese turístico galego, e a nosa celebración máis emblemática.

Esta nova etapa desenvolverase coorganizada coa asociación guardesa Almirante do Mar Oceana. O presidente das Festas do Monte 2026 será José Ángel Gándara Rodríguez, actual presidente da asociación, reforzando así a implicación directa da cidadanía e do tecido asociativo na dirección e coordinación dos festexos.

Segundo explicou o alcalde de A Guarda, Roberto Carrero, “o obxectivo da coorganizacion municipal é dar un novo impulso ás Festas do Monte conservando a súa esencia tradicional e ampliar a súa proxección cultural e turística con festexos que conecten directamente coa historia e o carácter festivo e lúdico da festa guardesa por antonomasia”

Pola súa banda, José Ángel Gándara expresa o seu compromiso e o reto que supón ser o presidente das Festas do Monte 2026 e asegura que “imos traballar constantemente. Xa estamos a organizar un programa que combinará as verbenas tradicionais con actividades de todo tipo e trataremos de recuperar tradicións perdidas. Haberá sorpresas que espero sexan do agrado de todos e todas” Langosta, Entroido, Nadal).

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS