Venres, Febreiro 20, 2026
HomeNewsActualidadeArbo contará cunha nova pista de pádel cuberta

Arbo contará cunha nova pista de pádel cuberta

O presidente da Deputación de Pontevedra anunciou que a Xunta de Goberno aprobou este venres destinar 90.000 euros ao Concello de Arbo no marco do terceiro Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas (PEID). Con esta achega, o Concello de Arbo vai financiar unha nova pista de pádel cuberta en Chan.

Desta forma, os 90.000 euros que recibe Arbo teñen como obxectivo dotar a zona na que se localizan as instalacións deportivas municipais dunha nova pista de pádel cuberta. Previamente será necesario facer traballos de preparación do terreo, executar un muro de contención, a cimentación da pista e a cuberta e as conexións das instalacións asociadas. A continuación instalaranse a cuberta e a pista de pádel, que contará con céspede artificial de última xeración e proxectores led.

Luis López sinalou que o terceiro PEID “está dotado de 8 millóns de euros para seguir avanzando nesa provincia do deporte que tanto ansiamos desde o goberno da Deputación”. Con estes recursos, “os concellos de menos de 50.000 habitantes poderán impulsar novas instalacións deportivas, modernizar e mellorar as existentes, dotalas de equipamento ou adquirir terreos para uso deportivo”, lembrou o presidente provincial.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS