Venres, Febreiro 20, 2026
HomeNewsActualidadePontellas e Atios melloran a súa rede viaria cun investimento de 73.000...

Pontellas e Atios melloran a súa rede viaria cun investimento de 73.000 euros

O Concello do Porriño continúa avanzando no seu plan de mellora das infraestruturas do rural coa execución do proxecto de pavimentación e mellora da seguridade viaria nos camiños de Rocal e Outeiro, na parroquia de Pontellas, e Galegos e A Torre, na parroquia de Atios.

A actuación supón un investimento próximo aos 73.000 euros, tras a súa adxudicación, e conta cunha achega de 61.048 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-2026. O prazo estimado de execución é de tres meses desde o inicio das obras.

O proxecto contempla traballos de desbroce e limpeza, fresado do firme existente, execución dunha nova base granular, pavimentación con aglomerado asfáltico en quente, recalce de tapas de rexistro e renovación da sinalización horizontal e vertical. A intervención realizarase sen modificar nin o trazado nin a rasante actual dos camiños, garantindo así unha actuación respectuosa coa súa configuración.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, subliñou que “o Concello está a dar resposta a necesidades reais das parroquias, actuando con planificación, responsabilidade e aproveitando todas as oportunidades de financiamento que permiten acelerar investimentos necesarios”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS