Axentes da Garda Civil e Funcionarios de Vixianza Aduaneira da Axencia Tributaria veñen de deter, nunha operación conxunta, a dous cidadáns de nacionalidade albanesa candro pretendían acceder ao recinto do Porto de Vigo a rescatar 80 quilos de cocaína. O achado atopábase oculto no sistema de refrixeración dun contedor procedente de Ecuador.
A operación comezou tras ser seleccionado o contedor para a súa análise pola Aduana de Vigo. Desta froma, o contedor foi sometido a inspección mediante raios X, detectándose que en dito sistema de refrixeración se atopaba oculta a cocaína.
Tras o achado, comezou a investigación enfocada na identificación dunha organización criminal composta por individuos de nacionalidade albanesa cuxo propósito era o rescate da substancia estupefaciente aloxada no interior do contedor.
O intento de recuperación da cocaína produciuse na madrugada do pasado domingo 15 de febreiro, sendo inmediatamente detectado polas unidades investigadoras, que procederon á detención dos individuos no mesmo momento no que pretendían acceder ao contedor contaminado. Ademais, os axentes incautaron 61 paquetes de cocaína, así como diferentes ferramentas e úteis como bolsas de gran tamaño, escaleira plegable, taladro ou bridas, e un vehículo.
A maiores, nunha nova revisión a fondo ao día seguinte, descubríronse nove paquetes máis de cocaína ocultos entre a maquinaria do sistema de refrixeración. Sumando un total de case 80 quilos de cocaína intervidos.
A Garda Civil e o Servizo de Vixianza Aduaneira continúan as súas investigacións acerca desta organización criminal de carácter transnacional e non descartan novas detencións.

