Martes, Febreiro 17, 2026
HomeNewsActualidadeMedalla de bronce en inclusión social para a comunidade de augas de...

Medalla de bronce en inclusión social para a comunidade de augas de Parada e Rocha de Ponteareas

A Comunidade de Usuarios de Augas Parada e Rocha de Ponteareas vén de acadar o terceiro premio na categoría “Recoñecemento á traída con maior impacto social”, dotado con 600 euros.

Na categoría avaliouse a mellora demostrable na calidade de vida da veciñanza, o abastecemento en zonas illadas ou con dificultade de acceso histórico á auga, a inclusión de colectivos vulnerables e a transformación comunitaria grazas á traída

No caso da Comunidade de Parada e Rocha, o xurado valorou especialmente o seu labor de divulgación e sensibilización, abrindo as instalacións e atendendo visitas de escolares para dar a coñecer o funcionamento da traída e fomentar a educación ambiental e o coñecemento do ciclo da auga entre a infancia.

Deste xeito, este galardón recoñece, así, non só a xestión responsable e sostible da auga, senón tamén o impacto social e educativo xerado pola implicación da comunidade no seu entorno.

O programa +AQUA, impulsado pola Deputación de Pontevedra, é unha liña de axudas dirixida ás comunidades de usuarios de augas da provincia que busca fortalecer a cohesión territorial, promover a sustentabilidade ambiental e mellorar a habitabilidade, especialmente no ámbito rural.

A través deste programa preténdese reforzar os programas de acción comunitaria, modernizando o seu enfoque e centrando as políticas nas persoas, promovendo a integración social e a vertebración do territorio. O obxectivo é xerar sinerxías positivas nas pequenas comunidades e áreas rurais, implicando directamente á veciñanza na construción dun modelo de vida sostible, equitativo e con servizos de calidade.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS