Luns, Febreiro 16, 2026
HomeNewsActualidadeAberto o procedemento de contratación para a rehabilitación da antiga Aduana de...

Aberto o procedemento de contratación para a rehabilitación da antiga Aduana de Tui

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Tui vén de acordar iniciar o procedemento de contratación, que será mediante procedemento aberto, para a execución da obra de rehabilitación do antigo edificio da Aduana, inmoble da súa propiedade ubicado na Avenida Portugal, nº 82 de Tui.

O proxecto contempla a rehabilitación integral do edificio, que converterá este espazo na futura sede da Cámara de Comercio de Tui e do Viveiro 4.0 Miño Digital.

A actuación enmárcase dentro da operación “Vivero 4.0 Miño Digital”, na que a Cámara de Comercio de Tui actúa como Organismo Beneficiario, e está parcialmente cofinanciada nun 60% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), dentro do Programa Plurirregional de España FEDER 2021-2027.

O procedemento de contratación encóntrase publicado no Perfil do Contratante da Cámara de Comercio de Tui, dispoñible a través da seguinte ligazón.

A oferta está aberta a todas as empresas interesadas e capacitadas para a execución do obxecto do contrato. Poderán presentar a súa proposición confome as instrucións e condicións establecidas no anuncio de licitación e a súa documentación anexa.

Visita ao edificio

Durante o periodo de presentación de ofertas, a Cámara realizará unha visita física ao edificio obxecto de reforma, que terá lugar o día 19 de febrero de 2026, a las 12:00 horas.

A visita terá como finalidade o recoñecemento do estado actual do edificio e das condicións nas que se terán que executar os traballos, co obxectivo de facilitar a adecuada preparación das propostas por parte das empresas interesadas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS