Martes, Febreiro 3, 2026
HomeNewsActualidadeSánchez anuncia que España prohibirá acceder ás redes sociais a menores de...

Sánchez anuncia que España prohibirá acceder ás redes sociais a menores de 16 anos

O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, vén de anunciar que España prohibirá o acceso ás redes sociais a persoas menores de 16 anos e adoptará outras medidas co fin de aumentar o control das plataformas dixitais, como sancións para as empresas e os seus directivos que non retiren “contidos de odio e ilegais”.

Así o trasladou durante a súa intervención ante o plenario do Cumio Mundial de Gobernos que se celebra en Dubai e na que participan unha trintena de xefes de Estado e de Goberno.

Segundo Sánchez, “é preciso facer das plataformas dixitais un espazo saudable” e anunciou que a vindeira semana o Goberno español aprobará no Consello de Ministros unha serie de medidas, entre elas, a prohibición de acceso ás redes sociais a menores de 16 anos.

O obxectivo é impor ás plataformas dixitais a implantar sistemas efectivos de verificación de idade, e non “caixas de verificación” como manteñen na actualidade. Tamén crear un sistema de “cuantificación e rastrexabilidade” que permita establecer “unha pegada de odio e polarización”.

Ademais, tipificarase como delito a manipulación dos algoritmos e a amplificación de contido ilegal.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS