Mércores, Maio 6, 2026
HomeNewsActualidadeConcerto conmemorativo para festexar o 14º aniversario da Eurocidade Tui-Valença

Concerto conmemorativo para festexar o 14º aniversario da Eurocidade Tui-Valença

O Teatro Municipal de Tui acollerá o próximo sábado, 7 de febreiro, ás 20 horas o concerto conmemorativo do 14º Aniversario da Eurocidade Tui-Valença. A música, coma linguaxe universal e un dos símbolos de unión da das dúas cidades, será un punto de encontro.

O Concerto, protagonizado pola Academia de Música da Fortaleza de Valença e polo Conservatorio Profesional de Música de Tui, reflectirá o intercambio artístico e as relacións humanas que se viven a diario na Eurocidade. Sobre o escenario estarán músicos que estudan, ensaian, e crecen xuntos, independentemente do lado do río Miño onde estean.

A identidade cultural compartida queda de manifesto nun programa intercultural que presenta ao público unha viaxe polos sons do fado, da gaita, e de distintas agrupacións con músicas para todos os gustos. No remate do espectáculo os músicos interpretarán conxuntamente o Himno da Alegría, que será cantado polos coros da Academia e do Conservatorio en portugués e galego, ofrecendo unha mensaxe de unión, fraternidade e valores europeos que definen a Eurocidade Tui- Valença.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS