Xoves, Xaneiro 29, 2026
HomeNewsActualidadeForca, lume e crucifixión: Unha viaxe á historia social da pena de...

Forca, lume e crucifixión: Unha viaxe á historia social da pena de morte no Reino de Galicia

O investigador da USC Abel de Lorenzo Rodríguez desenvolveu unha investigación na que explica que a forca, o lume, a decapitación ou a crucifixión eran os procedementos sancionados polas formas de poder entre os séculos VIII a XII.

A súa investigación vén de ser publicada no libro La horca y el fuego. Una historia social de la pena de muerte en Hispania (700-1200), no que, a partir dunha minuciosa análise sobre vítimas e verdugos, identifica as principais formas de pena de morte no noroeste ibérico e no reino de Galicia.

O estudo versa sobre como a xustiza actuaba nos corpos dos condenados e retrata os perfís sociais da xente que padecía estas condenas dende unha perspectiva de “xustiza penal analizada dende abaixo”.

Na investigación analízase o cambio dos castigos ao longo do tempo e a importancia da memoria social. Abel de Lorenzo tamén investiga sobre a identidade relixiosa, de clase, criminal ou de xénero á hora de aplicar unha execución ou outra no período que vai do fin da Antigüidade ata a Plena Idade Media.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS