Xoves, Xaneiro 29, 2026
HomeActualidadeDeportesFer López, dispoñible para o encontro fronte ao Estrela Vermella

Fer López, dispoñible para o encontro fronte ao Estrela Vermella

A UEFA permitiu a súa inscripción con dorsal de filial

Fer López poderá redebutar esta noite coma celeste. Tal e como informou o Celta de Vigo ao longo da tarde de hoxe, o futbolista madrileño conseguiu ser inscrito na lista do equipo vigués para a UEFA Europea League e estará a disposición de Claudio Giráldez para ser alineado durante o encontro que enfronta aos celestes co Estrela Vermella de Belgrado.

Grazas á súa idade e a súa condición de canteirán, o futbolista cedido polos Wolves foi inscrito coma xogador con dorsal da Lista B (30) a través dunha fórmula semellante á de Ángel Arcos no seu momento (28) ou Andrés Antañón (36) e Hugo Burcio (31), xogadores do filial a tódolos efectos, tamén convocados para esta cita europea nos Balcáns. Unha Lista B que non é pechada nin definitiva e permite inscribir puntualmente, a efectos de cada xornada, xogadores de categorías base. Vantaxes das que se aproveitou o Celta neste caso para poder contar antes con Fer.

A partires do inicio da rolda eliminatoria, agárdase que Fer López pase a formar parte da Lista A (lista pechada para tódalas xornadas pero que permite un número concreto de modificacións co cambio de rolda). Sen embargo, non poderá facelo co seu dorsal de primeiro equipo para a Primeira División (8) ao ser empregado por Fran Beltrán na presente edición da competición europea. Noutras palabras, ese 30 pasará a ser o seu dorsal definitivo na Europa League e terá que alternar números entre as dúas competicións.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS