Xoves, Xaneiro 29, 2026
HomeNewsActualidadeLuz verde ao xuízo contra seis persoas implicadas na operación Ceira por...

Luz verde ao xuízo contra seis persoas implicadas na operación Ceira por tráfico de drogas e narcolanchas

A maxistrada do Tribunal de Instancia de Cambados, praza 4, conclúe a instrución da denominada operación Ceira, na que se investigou a once persoas, con nexos en Portugal, por presuntamente dedicarse ao tráfico de drogas e ao contrabando de narcolanchas na provincia de Pontevedra.

A xuíza solicitou, en xaneiro de 2024, dentro de Eurojust, a creación dun Equipo Conxunto de Investigación (ECI) con Portugal para levar a cabo a investigación.

No auto, a maxistrada explica que se practicaron dilixencias que revelan indicios suficientes da comisión de delitos por parte de varios investigados. En concreto, ordena que se continúe a tramitación polo procedemento abreviado contra seis persoas, por se os feitos fosen constitutivos de delitos de contrabando de embarcacións (xénero prohibido), tráfico de drogas (tanto das que causan grave dano á saúde como das que non) e defraudación de fluído eléctrico.

Desta forma, decreta que se dea traslado ao Ministerio Fiscal e ás acusacións particulares para que soliciten a apertura de xuízo oral, formulando escrito de acusación, ou o sobresemento da causa.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS