Venres, Febreiro 27, 2026
HomeNewsActualidadeAberto o prazo para formar parte da nova Agrupación de Voluntarios de...

Aberto o prazo para formar parte da nova Agrupación de Voluntarios de Protección Civil “Ribeira do Miño”

Os Concellos de Arbo, As Neves e Crecentes veñen de constituir a recente Agrupación de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil “Ribeira do Miño”, con sede en Arbo. A iniciativa, que xa ten aberta o prazo de inscrición, ten como principal obxectivo garantir a protección das persoas, os seus bens e a contorna ante situacións de emerxencia, catástrofes ou calamidades públicas, mediante a coordinación preventiva e operativa dos voluntarios.

A inscrición para formar parte da agrupación está aberta e non ten data de peche, permitindo así que calquera persoa interesada poida unirse en calquera momento. Os requisitos son ter máis de 18 anos e, segundo aseguran dende a organización, “ter ganas de axudar aos demais”.

As persoas interesadas poden recoller a ficha de inscrición nas oficinas municipais de Arbo, As Neves ou Crecente, e deberán entregada xunto a unha fotocopia do DNI e os méritos que desexen aportar.

Para máis información sobre a inscrición, os e as interesadas poden escribir ao correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com ou acudir directametne ás oficinas municipais dos respectivos concellos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS