sábado, enero 10, 2026
InicioNewsComarcasNace o Entre Castelos Rías Baixas, o trail running que une os...

Nace o Entre Castelos Rías Baixas, o trail running que une os castelos de Sobroso e Soutomaior

A Deputación avanza na organización do Entre Castelos Rías Baixas, o trail running que unirá en abril os castelos de Sobroso e Soutomaior. «Queremos -subliñou o presidente provincial Luis López- impulsar esta primeira edición coa mirada posta en consolidar esta proba e convertela nunha referencia que combine deporte, patrimonio e posta en valor da contorna natural de Rías Baixas».

O trail Entre Castelos Rías Baixas ten por obxectivo, tal e como remarcou o presidente, «divulgar os castelos de Sobroso e Soutomaior, dous recintos fortificados nos que, nestes momentos, estamos a realizar unhas obras de mellora que prevemos ter finalizadas en abril». Por estes motivos, xusto ese mesmo mes, desenvolverase durante unha fin de semana este acontecemento deportivo que, ademais do trail para adultos, prevé organizar tamén unha andaina popular, unha carreira infantil e diferentes actividades e sesións deportivas que «serán un grande revulsivo para a nosa provincia».

O presidente Luis López explicou que, nestes momentos, xa se realizou unha avaliación do terreo, das contornas e dos puntos de interese do percorrido, así como deseñou o itinerario preliminar da ruta e se está a traballar no definitivo para tramitar o permisos necesarios, garantir a seguridade das persoas participantes, o respecto pola contorna natural e a coordinación cos distintos axentes implicados.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS