Luns, Febreiro 2, 2026
HomeNewsDúas exconcelleiras da Coruña denuncian á alcaldesa, Inés Rey, e ao seu...

Dúas exconcelleiras da Coruña denuncian á alcaldesa, Inés Rey, e ao seu número dous por acoso laboral

O PSOE de Galicia recibiu unha nova denuncia por acoso. Desta vez, por acoso laboral. Na canle interna do partido, dúas exconcelleiras e compañeiras de partido da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, denuncian á rexedora e ao seu número dous, José Manuel Lage.

Pola súa banda, Rey vén de emitir un comunicado no que indica que “creo que se confundiron de medio” porque “a onde teñen que ir é ao xulgado”. Critica a alcaldesa que “se non o fixeron esas persoas, coas que hai anos que non teño ningunha relación, entendo que é porque saben perfectamente que non hai nada que denunciar” e porque “saben que, en España, a denuncia falsa é un delito”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS