martes, noviembre 25, 2025
InicioO PaísA Coruña25N: Horario e lugar das principais concentracións en Galicia

25N: Horario e lugar das principais concentracións en Galicia

Toda Galicia reivindicará este 25N saíndo a rúa, co obxectivo de protestar e extinguir a violencia contra as mulleres.

A maior parte das manifestacións, terán lugar ás 20 horas dende as principais cidades. En concreto, a Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres, responsable das principais concentracións en Galicia, maniféstase este ano baixo o lema «Combater a violencia institucional para acabar coa violencia machista». 

As marchas partirán ás 20:00 horas desde puntos céntricos das principais cidades. Na Coruña, desde o Obelisco; en Ourense, desde Castañeira (San Lázaro); en Pontevedra, desde a Praza da Peregrina; en Lugo, desde o Edificio da Xunta, convocada pola Plataforma Feminista baixo o lema «Nin fronteiras nin portas pechadas, vivas, libres e organizadas»; e en Vigo, desde Vía Norte, ás 19:00, convocada pola asociación Resposta Feminista baixo o lema «Que a vergoña mude de bando. Feminismo sen tregua».

No caso da capital, Santiago de Compostela, a manifestación de MMM sairá ás 20:00 horas desde a Praza 8 de Marzo. A organización xa emitiu un comunicado no que matiza que, aínda que haxa outras concentracións para o mesmo lugar e a mesma hora, son independentes e non unitarias.

Noutos municipios máis pequenos, como O Porriño; Melide; Marín ou Ribadavia, a concentración tamén terá lugar ás 20 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS