viernes, noviembre 21, 2025
InicioNewsComarcasO BNG propón unha partida de 300.000 euros para o proxecto da...

O BNG propón unha partida de 300.000 euros para o proxecto da ponte internacional entre a PLISAN en Portugal

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a súa visita a Salvaterra de Miño para anunciar algunhas das iniciativas que vai desenvolver o BNG no Parlamento «co obxectivo de impulsar melloras no concello, fundamentalmente no ámbito dos servizos públicos e das infraestruturas».

En primeiro lugar, Pontón avanzou que o Bloque vai presentar unha emenda dotada con 250.000 euros aos Orzamentos da Xunta para 2026 para que se cubran as baixas dos médicos e médicas de Salvaterra e para dotar ao concello dun servizo de urxencias pola tarde.

En segundo lugar, Pontón tamén avanzou que o Bloque levará ao Parlamento a mellora de instalacións e persoal nos centros de ensino do concello, logo de denunciar que unha parte do alumando con necesidades educativas especiais está sufrindo desatención porque o Goberno de Alfonso Rueda -“que gasta 6.000 euros ao día en publicidade e propaganda”, recalcou «non é capaz de garantizarlles a estes nenos e nenas a atención que merecen e á que teñen dereito”, ou tampouco é quen de levar a cabo a ampliación e mellora pola que leva tanto tempo esperando o instituto de Salvaterra».

Por último, a portavoz nacional puxo o foco nas infraestruturas que considerou “básicas” para mellorar a mobilidade no concello e contribuír ao desenvolvemento do seu sector produtivo.

Conexión directa con Portugal desde a PLISAN

Neste sentido, recordou que a PLISAN tiña que ter unha conexión directa con Portugal, unha obra que segue sen acometerse até o momento, o que provoca que todo o núcleo e o casco urbano de Salvaterra teña que soportar un volume de tráfico pesado moi importante, algo que desde o punto de vista da seguridade cidadá “non debería darse á altura do ano 2025”, incidiu.

Por iso, anunciou que o BNG presentará unha emenda de 300.000 euros nos Orzamentos da Xunta para que se comece a acometer o proxecto desa ponte internacional que permita, alegou, “mellorar as posibilidades de mobilidade da propia PLISAN e, ao mesmo tempo, desenvolver unha mobilidade amable e propia do século XXI no núcleo urbano”.

Podes escoitar a entrevista completa coa líder da oposición en Galicia, Ana Pontón:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS