viernes, noviembre 14, 2025
InicioNewsActualidadeConcertos, gastronomía, foliada e festa infantil no "magusto" da SCD Condado en...

Concertos, gastronomía, foliada e festa infantil no «magusto» da SCD Condado en Salvaterra

A SCD do Condado organiza, un ano máis, o seu tradicional «magusto» cun programa que se estenderá ao longo de toda a xornada con castañas, a actuación de Xisco Feijóo, festa infantil da man de @s Jaloch@s e un xantar popular.

O evento terá lugar este sábado, 15 de novembro, na Praza do Peixe de Salvaterra de Miño. A celebración dará comezo ás 13 horas coa Sesión Vermú amenizada polo grupo de música tradicional de Sons da Raia. De seguido, terá lugar o xantar popular para persoas asociadas e público achegado á SCD, no que participarán aproximadamente medio centenar de persoas.

A primeira hora da tarde, en torno ás 17 horas, iniciarase a festa infantil da man de @s Jaloch@s, na que se «achegará ao público infantil, a través dunha representación musical interativa, á capital histórica do Condado e promovendo o uso do galego entre a rapazada».

A partir das 18 horas, actuará o artista Xisco Feijóo co seu espectáculo Traede Ferrallada. Logo do concerto, en torno ás 19 horas, terá lugar a degustación das castañas para todos os asistentes, amenizada pola foliada conducida por Sons da Raia e na que poderá particiar o público cos seus propios instrumentos. Tamén haberá chourizos e viños durante a tarde.

Como punto final de festa, ás 21:30 horas, terá lugar a actuación da banda A Tol no Café-Concerto Vagalume. A maiores, durante toda a xornada haberá unha exposición de cogumelos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS