viernes, noviembre 7, 2025
InicioNewsA Xunta solicita ao Ministerio o depósito do mecanoscrito de "La Colmena",...

A Xunta solicita ao Ministerio o depósito do mecanoscrito de «La Colmena», atopado en Alcalá de Henares

A Xunta de Galicia solicitou ao Ministerio de Cultura o depósito do mecanoscrito de La Colmena, achado no Arquivo Xeral da Administración en Alcalá de Henares, na Fundación Camilo José Cela, co obxectivo de que pase a formar parte da colección conservada na súa sede de Padrón. Deste xeito, o Goberno galego vela polo cumprimento dos propios desexos do Premio Nobel de que o seu legado permanecese unido.

Así se lle comunicou este venres ao ministro de Cultura, mediante unha carta asinada polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, tamén en calidade de presidente do Padroado da Fundación Pública Camilo José Cela. No escrito expresase a disposición da Xunta para que este documento, enviado polo autor á censura en 1946, poida pasar a formar parte do propio manuscrito de La Colmena, que foi doado por Cela á entidade e que desde o 2012 é patrimonio inmaterial do pobo galego.

Deste xeito, tal e como se reflicte na misiva, a Xunta solicítalle ao Ministerio poder salvagardar de maneira conxunta un dos legados literarios «do autor máis importantes do mundo», como así ten sinalado o profesor e académico, experto na obra de Cela, Darío Villanueva. Esta herdanza está composta por coleccións heteroxéneas e de gran valor cultural que permiten coñecer ao escritor, máis tamén o devir social e cultural da España da segunda metade do século XX. Entre outras referencias, contén os manuscritos das súas 14 novelas publicadas, así como 52 de obra menor, ademais dunha biblioteca de máis de 60.000 monografías e unha hemeroteca de máis de 42.000 exemplares de publicacións periódicas.

Así mesmo, nesta carta, López Campos aproveitou para convidar ao ministro, Ernest Urtasun, a coñecer de primeira man a fundación e o seu peso cultural, de maneira que se poidan abrir fórmulas de colaboración para que este mecanoscrito, ou calquera outra referencia que se poida atopar nos arquivos do Ministerio de Cultura referentes ás obras de Camilo José Cela, se inegren xunto ao resto do seu legado en Iria Flavia, así como valorar posibles proxectos conxuntos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS