miércoles, noviembre 5, 2025
InicioNewsActualidadeMos presenta as 11 propostas finalistas do proceso de orzamentos participativos "Mos...

Mos presenta as 11 propostas finalistas do proceso de orzamentos participativos «Mos Decide»

O Concello de Mos continúa avanzando no seu proceso pioneiro de participación cidadá “Mos Decide”, a través do cal a veciñanza pode propoñer e decidir directamente o destino dunha parte dos recursos municipais que se incorporarán aos orzamentos de 2026.

Trala fase de análise e valoración técnica, foron declaradas válidas 674 propostas, das cales se agruparon en 115 diferentes, e finalmente 11 iniciativas resultaron aprobadas para pasar á fase de votación cidadá, que xa está aberta.

O proceso conta cunha partida total de 200.000 euros, que se destinará ás propostas que obteñan o maior número de apoios ata acadar a citada contía.

Durante a fase de análise, o comité técnico avaliou todas as propostas presentadas en base a criterios obxectivos de viabilidade técnica, legal e económica, así como á súa competencia municipal directa.

Foron descartadas aquelas propostas que excedían o orzamento máximo establecido, que non se axustaban ás competencias do Concello de Mos, ou que xa estaban incluídas noutros plans ou proxectos municipais en execución. Tamén quedaron fóra aquelas iniciativas duplicadas, incompletas ou inviables por razóns urbanísticas, de titularidade de terreos ou de seguridade.

As veciñas e veciños maiores de 16 anos e empadroados en Mos poden participar escollendo ata tres propostas entre as finalistas. A votación é telemática, dispoñible a través da web municipal www.mos.es, e tamén de xeito asistido nos seguintes puntos municipais: Casa do Concello, Biblioteca Pública Municipal María Magdalena, Centro de Desenvolvemento Local (CDL) e Piscina Municipal.

O horario de votación é de mañá en todos os puntos e tamén pola tarde na Biblioteca e na Piscina Municipal. Cada persoa deberá identificarse co DNI e a data de nacemento, e só poderá emitir un voto por proceso.

Propostas finais

  • Mellora no campo de fútbol de Louredo: Mellora integral do campo de fútbol municipal. (200.000 €)
  • Aparcamento público na contorna do Pazo de Mos, Parque de A Pesqueira e Paseo do Louro
  • Mellora da seguridade e humanización dende a Capela San Amaro ata Arrubial
  • Iluminación do Paseo do Louro
  • Parque canino
  • Cubrición da pista de pádel municipal
  • Mellora da contorna da Igrexa de Guizán
  • Acondicionamento do exterior do Local de San Franco
  • 1ª fase do proxecto Costoias
  • MEllora do torreiro exterior da Igrexa de Cela
  • Compra de terreos e consolidación do Castro de Torroso
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS