miércoles, octubre 8, 2025
InicioNewsActualidadeMos aproba a rescisión do contrato do SAF por mutuo acordo

Mos aproba a rescisión do contrato do SAF por mutuo acordo

O Pleno do Concello de Mos aprobou en pleno a rescisión do contrato por mutuo acordo coa empresa Serveo, concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), co obxectivo de axilizar a contratación dunha nova empresa «que garanta un servizo estable, de calidade e humano ás persoas usuarias».

O contrato fora aprobado en pleno no mes de novembro do pasado ano e adxudicado en abril por 1,59 millóns de euros anuais. Non obstante, e segundo asegura o goberno local, desde a súa posta en marcha comezaron a chegar queixas. De 87 persoas usuarias, 35 presentaron reclamación formal e 10 delas quedaron rexistradas oficialmente. Ademais, houbo chamadas continuas ao Concello de Mos e á concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, denunciando deficiencias.

Entre os incumprimentos detectados destacan, só dúas coordinadoras en lugar das tres comprometidas, incumprimentos reiterados de horarios de atención, problemas coa tramitación de altas e baixas, deficiencias na organización do servizo ou fallos na calidade da atención prestada.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, subliñou que “esta non é unha decisión administrativa, senón unha cuestión de responsabilidade coas persoas máis vulnerables do noso Concello e de xustiza social”.

O Concello de Mos garante que «en ningún momento se deixará desatendidas ás persoas
usuarias do SAF» e traballa na tramitación urxente dun novo contrato que incorpore melloras esenciais, como o incremento dos recursos humanos, o acompañamento a citas médicas de persoas sen apoio familiar e a limitación da rotación das auxiliares.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS