martes, septiembre 23, 2025
InicioNewsActualidadeO Porriño acolle hoxe unha exhibición de partida simultánea de xadrez na...

O Porriño acolle hoxe unha exhibición de partida simultánea de xadrez na rúa

A Praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño convértese, nesta tarde de martes, nun escenario único para a práctica do xadrez coa celebración dunha exhibición de partida simultánea. Trátase dunha iniciativa do Concello, enmarcada nas Festas do Cristo, coa colaboración do Club Xadrez Mos.

A actividade, que dá comezo ás 18.00 horas, conta coa participación de xogadores do club que se enfrontan de maneira simultánea a todas as persoas, pequenos e maiores, que desexen poñer a proba as súas habilidades. En total, haberá 15 taboleiros dispoñibles para que calquera persoa que pase pola rúa poida sentarse a xogar. Como incentivo especial, todas aquelas persoas que consigan vencer na súa partida serán agasalladas cun taboleiro de xadrez.

“Eventos como este non só dan visibilidade ao xadrez, que destaca como ferramenta educativa e social, senón que tamén fomentan valores como a concentración, a toma de decisións e o respecto polo adversario. Desde o Concello apoiamos este tipo de iniciativas que unen o deporte, a educación e a participación cidadá, e animamos a todas e todos os porriñeses a achegarse e desfrutar dunha xornada diferente e para todas as idades» asegura o alcalde, Alejandro Lorenzo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS