Galicia continúa loitando contra os incendios forestais. Agora, o lume máis grave rexísitrase no municipio de Pantón. Permanece activo e calcinou xa 2.000 hectáreas. ademais, continúa declarada a situación 2 de forma preventiva pola proximidade das lapas a núcleos de poboación, segundo indican desde Medio Rural. Pola súa banda, a Xunta confirma a extinción do lume de Barreiros, que afectou a 152 hectáreas e o control do de Lobios, no parque Natural do Xurés.
LUGO
ACTIVOS
Activo Pantón-Pombeiro. Activada Situación 2
Ás 14.16 horas do pasado xoves, día 18, iniciouse o incendio forestal do concello de Pantón, parroquia de Pombeiro, que continúa activo e no que se mantén activada a Situación 2 de forma preventiva. Segundo as últimas medicións tomadas dende o terreo, afecta unha superficie de arredor de 2.000 hectáreas, parte delas no concello de Sober.
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 24 técnicos, 148 axentes, 169 brigadas, 116 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 15 helicópteros e 12 avións. Neste lume colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
EXTINGUIDOS
Extinguido Barreiros-San Xusto de Cabarcos
Ás 10.00 horas de hoxe quedou extinguido o incendio forestal rexistrado no concello de Barreiros, parroquia de San Xusto de Cabarcos, o domingo 14 ás 16.14 horas. Finalmente, afectou unha superficie de 152,69 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 10 técnicos, 87 axentes, 121 brigadas, 94 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 3 avións.
OURENSE
CONTROLADOS
Controlado Lobios-Río Caldo
Ás 19.59 horas de onte domingo quedou controlado o lume iniciado ás 05.09 horas dese mesmo día no concello de Lobios, parroquia de Río Caldo, que se rexistrou en dous puntos. Segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 3,5 hectáreas, parte delas dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.
Para a súa extinción mobilizáronse 16 axentes, 30 brigadas, 12 motobombas, 4 helicópteros e 2 avións. Neste incendio tamén se contou coa colaboración de medios portugueses.