A Garda Civil vén de esclarecer varios presuntos delitos de usurpación de estado civil e un de fraude cometidos por un home que, aproveitando os datos persoais da súa ex muller, adquiriu un terminal valorado en máis de 1.500 euros para, máis tarde, vendelo nun estbalecemento de segunda man en Vigo.
A muller puxo unha denuncia o pasado 22 de maio co obxectivo de comunicar que «ao intentar modificar un contrato de telefonía cunha compañía telefónica, descubriu que adquirira un terminal de telefonía móvil ao seu nome sen o seu coñecemento nin autorización», segundo indican desde a Garda Civil. O teléfono móbil estaba valorado en 1501,43 euros.
Neste contexto, e tras recibir a denuncia, os axentes iniciaron unha investigación que permitiu esclarecer que o terminal se adquirira a través da compañía telefónica polo seu ex marido «fraudulentamente» e que, posteriormente, se vendera nun establecemento de segunda man da cidade de Vigo.
A Garda Civil identificou ao ex marido da muller como principal implicado e como autor dun delito de usurpación de estado civil, «ao empregar de forma dolosa os datos persoais da súa ex muller para obter a terminal en cuestión». O home vendeu o móbil para beneficio propio mentres que a víctima continuaba abonando os pagos asociados ao contrato de telefonía.
O móbil foi localizado e se atopa, actualmente, a disposición da Autoridade Xudicial. O implicado está sendo investigado por delitos de usurpación de estado civil e fraude e as dilixencias foron postas a disposición do Xuzgado da Garda Civil de Ponteareas.