lunes, septiembre 22, 2025
InicioNewsActualidadeA Guarda dá a benvida ao outono co ciclo "Ven ao Teatro"

A Guarda dá a benvida ao outono co ciclo «Ven ao Teatro»

O Concello da Guarda volve apostar polo teatro para este outono con cinco obras diferentes dentro da programación de “Ven ao teatro” no Centro Cultural.

O ciclo arranca o venres 26, ás 21:00h coa obra “Mala Vida e Pior Morte de Ricardo III”. Trátase dun monólogo dirixido á audiencia do personaxe do difunto rei Ricardo III de Inglaterra, quen argumenta en contra do relato dos derradeiros anos da súa vida que Shakespeare deixou trazado no drama “A vida e a morte do rei Ricardo III”.

No mes de outubro “Nada se sabe” repasará diferentes visións da discapacidade no teatro clásico. Xa para novembro haberá dobre representación: “Hechos Furiosos”, onde unha muller manterá longas e profundas conversacións co seu gato; e “Chegar e encher”, un
divertido monólogo teatral onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré.

Para rematar no mes de xaneiro, a cómica Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS