Os veciños e as veciñas de Ponteareas cortarán este venres día 12 de setembro a N-120 co obxectivo de reclamar a mellora da seguridade viaria na estrada, «tras oito anos de espera«. Será o segundo venres consecutivo no que paralizan o tráfico nesta Nacional.
No corte da Nacional 120 participarán, ademais dos veciños e das veciñas do municipio, voceiros e voceiras de todos os grupos da corporación (Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego, Partido Socialista, Ponteareas en Común e Independentes de Ponteareas) así como a concelleira de Deprotes no Concello de Mos, Felisa Rodríguez, o deputado Juan Andrés Bayón e a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro.

A veciñanza xunto coa Plataforma Nacional 120 cortaron por primeira vez a estrada o pasado venres día 12 de setembro en sinal de protesta polo atraso de execución do proxecto de seguridade viaria que o Ministerio de Transportes, que lidera o socialista Óscar Puente, ten, polo de agora, paralizado.